viernes, 1 de noviembre de 2013

Hortas contra a ditadura do cemento.

O paisaxe urbano galego esta cambiando, faino de forma lenta pero contundente, pois as hortas urbanas son unha alternativa realista e sostible para a produción de verduras frescas. 
Nacen como obxectivo de fomentar o aproveitamento de determinados espazos para zonas de cultivo, xurdiron en Canadá e Australia e espalláronse polo mundo. Podemos atopar hortas en balcóns, terrazas, espazos públicos, xardíns ou áticos, e actualmente en calquera das cidades galegas. 
Na miña investigación centrareime nas hortas de Santiago de Compostela pero tamén nas do resto de Galicia e do mundo. 

Hortas de Belvis, Santiago de Compostela.

En Santiago de Compostela, o concello puxo en marcha un proxecto de hortas urbanas, é unha iniciativa social que pretende proporcionar a veciñanza de compostela, e en especial as persoas maiores, un xeito de ocupar o seu tempo de lecer e a vez manter a diversificación dos espazos públicos. 
Para poder dispoñer dunha parcela, e poder cultivala, débense cumprir os requisitos da normativa xeral publicada polo concello, e da que colgo o enlace a seguir.


No enlace, pódese consultar a documentación necesaria que hai que presentar para obtar a adxudicación dos terreos, teñen preferencia as persoas que residen na contorna das hortas, en especial as xubiladas, pero se hai moita demanda realizase un sorteo, e as listas dos solicitantes renóvanse binualmente coincidindo coa convocatoria da autorización.

Con respecto o uso das hortas, a normativa establece que; as arbores fronteiras so se poden plantar nos bordos da parcela e ocupando menos do 25% desta, non se permite o uso, cría ou explotación de animais, non se pode construír nin escavar pozos, debese contribuír ao mantemento das instalacións comúns, débense respectar os lindes establecidos por as autoridades, e no caso de querer cultivar de maneira ecolóxica o concello pode permitir certas instalacións como viveiros, e por último, na normativa, tamén se regulan as sancións en caso de incumprimento do estipulado na normativa. 

En conclusión, estes espazos constitúen unha saída para o entretemento, o mantemento e a saúde na cidade, xa sexan privados ou públicos, proporcionan un gran servizo a comunidade.  Acaso ti non pensas o mesmo?Son as hortas urbanas unha boa iniciativa? Seguireivos informando. 

Fontes: 


Autora: Nuria Lorenzo Ledo



4 comentarios:

  1. Gosto moito do título da entrada.
    Coido que todo o que sexa inserir espazos de lecer, lúdicos e verdes no que poderían denominarse na actualidade como "Xunglas de cemento", é unha moi boa iniciativa, ademais de que coa realización de hortas deste tipo, tamén se pode, aínda que sexa a un nivel pequeno, mellorar o consumo de produtos verdadeiramente naturais.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estou totalmente de acordo contigo, claro que, tamén existen aspectos negativos, poden que estes produtos dados na cidade representen unha gran competencia para aqueles producidos no rural Galego, e que polo tanto, reduzan o mercado, ou o simplifiquen de xeito que incluso cheguen a autoabastecerse. Nuria Lorenzo Ledo

      Eliminar
  2. As hortas urbanas son unha boa iniciativa, aínda que eu creo que non debería primar o feito de ser xubilado para obtar a unha, é dicir, a xente xove, e mais agora que hai un alto grado de desemprego, debería ter o mesmo dereito a concesión dunha horta, producir e ocupar o tempo de lecer de igual xeito que as persoas maiores.

    ResponderEliminar
  3. Teñen prioridade os anciáns porque ademais de manter os espazos verdes en bo estado, cousa que tamén pode facer a xente nova, é unha boa iniciativa para que fagan exercicio e se manteñan sans, xa que non é habitual que fagan deporte de forma continua como os adultos, adolescentes e nenos, do mesmo xeito tamén teñen prioridade as persoas do mesmo barrio, por cuestións de mobilidade e cercania. Nuria Lorenzo Ledo

    ResponderEliminar