lunes, 20 de enero de 2014

Ponta Delgada, unha visión diferente á illa de Sao Miguel


Se algo destaca por riba de todo na illa de Sao Miguel é a súa paisaxe, cheo de zonas verdes, lagoas e termas. Pero tamén atopamos a mestura de esas zonas verdes con zonas urbanas. En escasos 10 km pasamos de estar na capital da illa, Ponta Delgada a estar nunha zona totalmente oposta.
Destacar que dúas son as cidades que maior importancia teñen dentro da illa. Evidentemente a propia capital e a cidade de Ribeira Grande que se atopa no norte da illa.
Ponta Delgada ten un censo de 68.500 no 2011 mentres que Ribeira Grande, como cidade, ten únicamente 5.300 habitantes.
No referido a capital destacaría que se trata dunha pequena cidade que ten a súa orixe como vila de pescadores, todo se desenvolve a partir da creación do porto. Na seguinte imaxe sacada dende o avión podemos ver como é Ponta Delgada:


Apreciamos como medra todo a partires do porto. Destacar tamén o seu rueiro con rúas a priori bastante rectas, salvo na zona do porto que como podedes ver é máis irregular. As edificacións dentro do que vendría ser Ponta Delgada casco histórico son en xeral moi baixas de non máis de dúas plantas e cun entramado pechado, atópanse pegadas unhas con outras. Así o podedes observar na seguinte imaxe:


Destacar tamén como nunha foto se pode ver o reflexo do que podería ser Ponta Delgada ou a propia illa. En cuestión de metros atopamos espazo verde, estrada, aeroporto e mar. É dicir, sector primario como medio de vida da maioría da poboación, turismo e vías de comunicación cas cidades.


No referido á outra cidade de importancia de Sao Miguel, dicir que a morfoloxía segue unha liña característica coma  no resto da illa, teñen igual as edificacións baixas, pero quizais as vías sexan un pouco máis anchas ca en Ponta Delgada. O que si percibín foi un desnivel maior ca en Ponta Delgada que era máis recta e máis planaca Ribeira Grande.

                                                                                     
                                                                                                              Pablo Vázquez Gutiérrez


1 comentario:

  1. Pablo, tes que explicar o por que fas esta valoración de Ponta Delgada. E consideras que é unha cidade ordenada? cales son os problemas?

    ResponderEliminar