lunes, 20 de enero de 2014

Von Humboldt en Sao Miguel, Açores

Na última viaxe da Asociación Xeonatura, á illa de Sao Miguel, no arquipélago das Azores, puiden percibir e investigar un pouco as diferenzas que hai entre  a propia illa e a Cidade de Santiago de Compostela.
Para comenzares a explicar un pouco o que puidemos ver, cabe dicir que a illa é unha maravilla paisaxística rodeada por varias cidades. Ese dende o meu punto de vista sería o resumo do que é esta illa xa que predomina o mundo verde sobre o mundo dos vehículos.
No tema que a min respecta, o da contaminación acústica puiden observar diferencias moi salientables. A primeira máis destaca foi nun dos puntos de máxima atracción para os visitantes (decir que a economía da illa non se move polo turismo que ocupa un papel totalmente secundario), en Sete Cidades. Este lugar podería estar comparado co interese que tería a Catedral de Santiago de Compostela nunha posible visita á nosa cidade, diríamos que é unha visita obrigada. Pois ben, co medidor de decibelios Sound Meter, únicamente rexistramos 58 db. Ca foto que adxunto a continuación entenderedes o porqué:


Lugar máis tranquilo e máis silencioso non atopei na miña vida, axuda tamén o feito de ser un espazo moi grande polo que o pouco ruído que podíamos facer nos mesmos expandíase cunha gran facilidade. Outro lugar no que apenas ruído atopamos foi no mercado da capital da illa, Ponta Delgada, a unha hora punta e que comparada con Santiago de Compostela a diferenza é bestial. Ás 12 do mediodía o mercado tiña escasamente 15 persoas e os traballadores. Chamoume a atención o silencio que había tanto por vendedores coma por compradores, dando incluso un pouco de vergoña alzar o ton. 


Outro lugar onde o silencio era característico era nos lugares de ocio. Nas termas naturais que puidemos visitar e disfrutar a posibilidade de atopar algo de ruído era unha mera imaxinación. Posiblemente facía máis ruido a propia naturaleza que a xente que se atopa disfrutándoas. 

(non se me enfaden compañeiros por mostrar os seus músculos)

Aínda así nas zonas de marcha atopamos medicións de máis ruído ca no resto da illa. Non son comparables con Santiago xa que os locales "fortes" de Santiago se atopan entre un entramado e no medio da cidade e o local por excelencia de Ponta Delgada se atopaba no porto polo que o ruído se expandía facilmente.  Aínda así alcanzamos unha cifra de 65 db. Destacar que alí teñen unha medida das que comentei e é a de restrinxir por hora. É dicir o local do porto pecha ás 3:30 da mañá e despois hai outro local que se atopa afastado de edificacións e ben insonorizado para evitar así causar molestias aos veciños da illa. 


                                                                                 Pablo Vázquez Gutiérrez

1 comentario: