Tras obter os datos co medidor de
decibelios ven o proceso de analízalos e atopar un porqué a esas cifras meses puntos
concretos. Pois ben, partimos dos puntos nos que o decibelímetro marcou unha
cifra máis elevada. Estes puntos concretos da Cidade de Santiago de Compostela
serían:
-
Rúa nova de Abaixo ( 70 db)
-
Rúa Republica do salvador (71 db)
-
Rúa República Arxentina (69)
-
Rúa do Franco (puntualizar isto, depende moito
do turismo, da cantidade de persoas que estexan nese momento alí, do clima e
por suposto da época do ano; non é o mesmo a Rúa do Franco na Festa do Apostolo
ca no mes de Decembro) Sinaleina a modo anecdótico xa que no momento no que
recollín as medicións atopábase case valeira e entendo que é unha zona na que o
ruído e unha constante.
Pois ben, estes
datos dánnos moito que pensar, especialmente o primeiro que me fai pensar é a
morfoloxía das calles. As tres rúas son a priori estreitas e con bloques de
edificios bastante altos polo que a dificultade de expansión do son é
complicada, facendo que este se atope máis concentrado e como consecuencia os
niveles de son aumenten. Tamén destacar
que son rúas moi activas comercialmente, posiblemente das máis activas, senón
as que máis de todo o que coñecemos como a Zona Nova de Santiago de Compostela.
Evidentemente, estes datos están tomados
a unha hora concreta do día e non sempre vai a ser unha constante. Destacar que
na noite compostelá o punto que máis decibelios alcanzou foi novamente a Rúa
Nova de Abaixo xa que en relación cantidade e espacio é a que máis locales
concentra. Alcanzamos a cifra de ata 73db. Como curiosidade podería chamar un
pouco a atención no caso da Praza de Galicia, zona que concentra tráfico
proveniente de 4 direccións diferentes.
Pois ocurre a inversa que no caso das rúas, ao tratarse dun espacio moi
aberto o son pódese expandir con una gran facilidade facendo que as cifras simplemente
alcancen os 68 db. A cifra máis baixa alcanzámola curiosamente diante da
Facultade de Xeografía con únicamente (día de chuvia) 61 decibelios. No resto
da cidade as cifras oscilan moi parellas entre os 66 e 69 db polo que podemos
concluir que a priori Santiago non é unha cidade moi ruidosa comparada con
outra onde as cifras seguramente estexan máis elevadas.
Pablo
Vázquez Gutiérrez
Interesante estudio.
ResponderEliminarPues en la línea de lo que te comente en el primer artículo, llaman la atención los datos para ser una ciudad pequeña como Santiago. Hay muchos pequeños hábitos que podemos cambiar entre todos
ResponderEliminarMoi ben Palo, pero un mapa de localización?
ResponderEliminar