domingo, 19 de enero de 2014

Conclusións e posibles solucións fronte ao problema da contaminación acústica


Se vivides en Santiago todos sabredes o problema que houbo cos famosos botellóns e as queixas dos veciños da cidade. Pero dende o meu punto de vista o único que se conseguíu foi empeorar en parte a situación. Está claro que os niveles de contaminación xeral eran moi altos pero o ter unha zona afastada do centro da cidade e onde se reunía a xente liberaba ao centro de eses ruídos nocturnos durante boa parte da noite. Esa prohibición actual fai que os estudantes busquen solucións entre as que se atopan o beber nos pisos facendo ruído dentro das propias comunidades de veciños ou tamén a de beber na propia rúa en moitos bares. Esto implica unha aglomeración de xente en determinados puntos como pode ser o caso da Rúa Nova de Abaixo. Ademais atopamos unha zonificación bastante clara e como quen di: unha ruta nocturna. Na primeira metade da noite a aglomeración maior atopámola en puntos da Zona Vella e a partires das cinco da mañá en puntos coma a propia Rúa Nova de Abaixo que concentra locais tanto de primeira hora da noite como de última hora.



No referente ao tráfico, o problema ven con anterioridade e é que o feito de ser casi na súa totalidade rúas con un único sentido fai que a aglomeración de vehículos sexa moito maior e por tanto o ruído vaia en aumento.

¿Solucións fronte a isto?  Posiblemente restrinxir aperturas se excedemos niveis de ruído moi elevados, restrinxir por zonas e por horarios, é dicir se un local se atopa nunha zona donde a edificación é nula permitirlle a apertura ata as 8 da mañá mentres que un local que se atope rodeado de edificios e exceda os niveles de ruído permitidos peche as 3.  Do mesmo xeito para evitar a contaminación e emisións de dióxido de Carbono á atmosfera, e por tanto a contaminación acústica deberíase facer máis uso do transporte público e de medios de transporte limpos coma a bicicleta.


¿Cales creedes vós que poden ser as solucións ante este fenómeno?

                                                                                                       Pablo Vázquez Gutiérrez

4 comentarios:

  1. En este caso se podría aplicar lo de "nunca llueve a gusto de todos". En el Campus es cierto que no se molestaba (demasiado), pero por contra se dejaba aquello hecho un caos, sucio y peligroso, especialmente la zona de gradas con cristales en la cancha de fútbol. Lo de restringir horarios es una práctica que se lleva a cabo en bastantes sitios, licencias hasta 3-3:30 en zonas de viviendas, y las grandes discotecas, quizás más alejadas de esos núcleos, sin límite.

    ResponderEliminar
  2. Si hablas de transporte público,empieza dando ejemplo!!!

    ResponderEliminar
  3. Si hubiera transporte publico en mi horario laboral podria hacerlo pero como que a las 11:15 de la noche ya no hay conexiones periferia-centro. Saludos

    ResponderEliminar
  4. Pablo e por que cres que non hai transporte público ás 11:15 da noite?

    ResponderEliminar