Nesta nova entrada quero ensinarvos onde se localizan dentro de Santiago as Hortas habilitadas ate o de agora polo concello, e de outros grupos de hortas interesantes, xa sexan históricas ou actuais.
Primeiro presento o unha foto aérea de Santiago de Compostela, para logo centrarme en dúas zonas concretas.
1.- Hortas historicas da cidade.
2.- Cidade Xardín.
3.- Hortas de Fontiñas.
4.- Hortas de arriba en Belvís
5.- Hortas de abaixo en Belvís.
6.- Hortas de San Lourenzo.
7.- Xardín da parte de atras de Entremuros.
8.-Hortas na rúa da Costiña do Monte.
9.- Hortas de Casas Novas.
10- Hortas de Vista Alegre.
As dúas zonas que quero comentar con maior detalle son aquelas das hortas que o concello puxo en mans dos cidadáns, as primeiras atópanse en Fontiñas, poñendo como referencia na ortofoto Área Cental e a Av. de Lugo. E as segundas atópanse en Belvís, divididas en dous bloques, as de arriba e as de abaixo, na ortofoto aparecen como referencia a Facultade de Xeografía e Historia e o Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.
Nuria Lorenzo Ledo
Boa entrada! Aínda que, eu penso que as hortas de Casas Novas e Vista Alegre xa son mais rurais que urbanas.
ResponderEliminarOla, grazas por comentar! Contestareille que tanto Casas Novas como Vista Alegre son barrios de Santiago de Compostela, polo tanto pertencen a cidade, na seguinte entrada do Blog explícanse as características concretas de cada área, (http://contaminacionnacidade.blogspot.com.es/2014/01/un-mapa-unha-explicacion.html) esas dúas en concreto aparecen situadas como as que se sitúan mais lonxe do centro.
ResponderEliminar