Mostrando entradas con la etiqueta Sostible. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sostible. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de diciembre de 2013

Onde están as hortas de Compostela?


Nesta nova entrada quero ensinarvos onde se localizan dentro de Santiago as Hortas habilitadas ate o de agora polo concello, e de outros grupos de hortas interesantes, xa sexan históricas ou actuais. 
Primeiro presento o unha foto aérea de Santiago de Compostela, para logo centrarme en dúas zonas concretas. 

                     1.- Hortas historicas da cidade.                           
               2.- Cidade Xardín.                
3.- Hortas de Fontiñas.
4.- Hortas de arriba en Belvís
5.- Hortas de abaixo en Belvís.
6.- Hortas de San Lourenzo.
7.- Xardín da parte de atras de Entremuros.
8.-Hortas na rúa da Costiña do Monte. 
9.- Hortas de Casas Novas.
10- Hortas de Vista Alegre.


As dúas zonas que quero comentar con maior detalle son aquelas das hortas que o concello puxo en mans dos cidadáns, as primeiras atópanse en Fontiñas, poñendo como referencia na ortofoto Área Cental e a Av. de Lugo. E as segundas atópanse en Belvís, divididas en dous bloques, as de arriba e as de abaixo, na ortofoto aparecen como referencia a Facultade de Xeografía e Historia e o Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.


Os mapas realizáronse mediante o programa ArcMap, superpoñendo mapas debuxados sobre unha ortofoto real e adindo transparencia, ou adindo números para poder distinguir as distintas zonas. Espero que seguindo as referencias sexades capaces de visitalas, son verdadeiramente fermosas. 



                                                                       Nuria Lorenzo Ledo

viernes, 1 de noviembre de 2013

Hortas contra a ditadura do cemento.

O paisaxe urbano galego esta cambiando, faino de forma lenta pero contundente, pois as hortas urbanas son unha alternativa realista e sostible para a produción de verduras frescas. 
Nacen como obxectivo de fomentar o aproveitamento de determinados espazos para zonas de cultivo, xurdiron en Canadá e Australia e espalláronse polo mundo. Podemos atopar hortas en balcóns, terrazas, espazos públicos, xardíns ou áticos, e actualmente en calquera das cidades galegas. 
Na miña investigación centrareime nas hortas de Santiago de Compostela pero tamén nas do resto de Galicia e do mundo. 

Hortas de Belvis, Santiago de Compostela.

En Santiago de Compostela, o concello puxo en marcha un proxecto de hortas urbanas, é unha iniciativa social que pretende proporcionar a veciñanza de compostela, e en especial as persoas maiores, un xeito de ocupar o seu tempo de lecer e a vez manter a diversificación dos espazos públicos. 
Para poder dispoñer dunha parcela, e poder cultivala, débense cumprir os requisitos da normativa xeral publicada polo concello, e da que colgo o enlace a seguir.


No enlace, pódese consultar a documentación necesaria que hai que presentar para obtar a adxudicación dos terreos, teñen preferencia as persoas que residen na contorna das hortas, en especial as xubiladas, pero se hai moita demanda realizase un sorteo, e as listas dos solicitantes renóvanse binualmente coincidindo coa convocatoria da autorización.

Con respecto o uso das hortas, a normativa establece que; as arbores fronteiras so se poden plantar nos bordos da parcela e ocupando menos do 25% desta, non se permite o uso, cría ou explotación de animais, non se pode construír nin escavar pozos, debese contribuír ao mantemento das instalacións comúns, débense respectar os lindes establecidos por as autoridades, e no caso de querer cultivar de maneira ecolóxica o concello pode permitir certas instalacións como viveiros, e por último, na normativa, tamén se regulan as sancións en caso de incumprimento do estipulado na normativa. 

En conclusión, estes espazos constitúen unha saída para o entretemento, o mantemento e a saúde na cidade, xa sexan privados ou públicos, proporcionan un gran servizo a comunidade.  Acaso ti non pensas o mesmo?Son as hortas urbanas unha boa iniciativa? Seguireivos informando. 

Fontes: 


Autora: Nuria Lorenzo Ledo



jueves, 10 de octubre de 2013


Queremos darvos a benvida o blogger do Grupo de Investigación CONTUR, no que intentaremos tratar problemas causados por varios tipos de contaminación, en varios lugares do Mundo, en especial en Santiago de Compostela, Sau Paulo, e Alemaña.
Con este blog, trataremos de establecer debate sobre os actuais problemas, e sobre as súas solucións, para poder establecer un novo modelo de cidade sostible por si mesma.
Creemos o noso proxecto de investigación de vital importancia para aqueles colectivos preocupados por o ben da cidade, para os turistas que a visitan, para os seus residentes, e para aqueles que pretendan mellorar as cidades de hoxe e  facelas mellores para o futuro. E por iso daremos voz a estes colectivos, as persoas que residen nelas, e as forzas políticas que tamén teñen na súa man melloralas.
Podedes interactuar con nos e seguir os nosos enlaces:

- Facebook  https://www.facebook.com/GI-Contur

- Twitter https://twitter.com/GIContur

- Correo Electronico cidadeedesenvolvemento@gmail.com

Porque todos pretendemos un futuro mellor, é verde non?