Dende o
sur ao norte de Galicia podemos atopar hortas urbanas en calquera cidade, dende
Ourense ata Lugo, Vigo ou Compostela, e que ofrecen unha gran alternativa tanto
económica, como social e saudable.
As
hortas urbanas son unha boa maneira de aforrar cartos, e que mais se pode pedir
se ademais son unha alternativa
saudable, o certo e que as hortas benefician tanto a quen as cultiva como a
aqueles que consomen os produtos que nelas se dan.
Ofrécennos
unha alternativa para practicar exercicio físico, sobre todo as persoas maiores
que poden ocupar o seu tempo de lecer, e aos cativos que aprenden a coidar do
seu entorno, a ver de onde proceden os alimentos que consomen e así comelos se
cabe con mais cariño, xa que a verdura non soe ser o alimento que mais triúnfa
a hora de comer entre as novas xeracións. A confianza é importante en canto a
alimentación, e plantar, ver medrar e recoller os produtos que se serven na
mesa é ademais de reconfortante cando menos gratificante.
Cultivos na terraza
E por
se fora pouco ademais, as hortas urbanas serven para establecer novas relacións
sociais nun mundo no que a tecnoloxía cada vez ocupa un lugar mais importante
nas nosas vidas, cultivar unha horta ponte en contacto cos veciños, mellora as
relacións persoais e fainos mais humanos en xeral.
Son
tamén un novo pulmón para as cidades, poden mellorar o microclima urbano e
producir unha maior cantidade de aire puro e polo tanto mellorar a calidade de
vida, unha forma de loitar contra a denominada “ditadura do cemento” que cobre
na actualidade todo o espazo na cidade.
Pero
por outro lado, este tipo de agricultura pode chegar a ser un competidor
importante para pequenas tendas ecolóxicas, ou para os propios mercados en si,
de xeito que se na cidade se produce o que se consume en relación a verduras e
froias as pequenas explotacións que se atopan na contorna da propia cidade e que
ofrecen produtos frescos cada día quedarían sen demanda ó igual que as tendas.
Ademais
seria necesario un forte control con relación as especies que se cultivan,
intentando que os foráneos ou prexudiciais tanto para o medio como para as
persoas se eviten, afortunadamente, hoxe en dia existen lugares e asociacións
que poden por en coñecemento do cidadán aqueles cultivos, técnicas e materiais
mais adecuados.
Horta urbana no polígono de Navía (Vigo)
Resulta
imposible saber que acontecera no futuro, pero o das hortas urbanas entoxase
canto menos positivo, son mais as vantaxes que ofrecen que os posibles
problemas, e a poboación semella
disposta a continuar con esta iniciativa, boa tanto para o individuo en si como
para o conxunto.
A
continuación aparecen unha serie de ligazóns que vos remitiran a paxinas
relacionadas co tema e nas que vos poden axudar se buscades participar nas
hortas urbanas ou queredes crear a vosa propia:
Grazas por a súa atención, seguiremos informando!
Nuria Lorenzo Ledo
Vale Nuria, e cres posible una reagrarización da cidade. Con persoas vivindo diso?
ResponderEliminar